Molière: O burgués fidalgo
O burgués fidalgo é unha xoia do teatro cómico. Partindo da farsa, cos seus procedementos sinxelos, caricaturais e esquemáticos, baseados na xestualidade, nos berros, nos paus e nos sorpresivos reviramentos da situación, Molière fai unha peza na que a sutileza da expresión e da palabra —coa ironía e a variedade dos rexistros— xogan un papel fundamental na construción da comedia. (vía: Palabras desconxeladas)