Category: Narrativa

François Rabelais: Cuarto libro

portada

Interpretada a navegación de Pantagruel coma viaxe iniciática, como procura alquimista, como miscelánea topográfica, como itinerario mítico ou como arquitectura alegórica, as diferentes análises do “Cuarto libro” coinciden en sinalar que é unha constante transposición da realidade contemporánea en forma de violenta sátira contra o Papado e en apoio da da política galicana. E coinciden, desde logo, en sinalar que nesta obra a mestría verbal, a fértil fantasía e a mordaz diatriba de Rabelais chegan ao cénit. (Vía Palabras desconxeladas)

Descárgao aquí

Antonio Skármeta: O carteiro de Neruda

portada

Mario Jiménez, un mozo pescador, decide abandonar o seu oficio para converterse en carteiro na Illa Negra, onde a única persoa que recibe e envía correspondencia é o poeta Pablo Neruda. Mario admira a Neruda e espera pacientemente que algún día o poeta lle adique un libro ou aconteza máis do que un brevísimo intercambio de palabras ou o xesto ritual. O seu desexo verase finalmente realizado e entre os dous estabelecerase unha relación moi peculiar. No entanto, a atmósfera que se vive no Chile daquela época precipitará un dramático desenlace…

Descárgao aquí

Voltaire: Cándido

portada

Cándido, ou o optimismo é un conto filosófico en ton de sátira publicado por primeira vez en 1759 por Voltaire, filósofo da Ilustración. Narra a historia dun mozo, Cándido, que vive nun paraíso e recibe as ensinanzas sobre o otimismo de Leibniz a través do seu mentor, Pangloss. A obra retrata a abrupta interrupción deste estilo de vida cando Candido sofre desenganos e desilusións ao experimentar dificultades no mundo. Voltaire conclúe a obra cun Cándido que, malia non rexeitar o optimismo, si substitúe o mantra leibniziano de Pangloss, “vivimos no mellor dos mundos posíbeis”, por un precepto enigmático: “debemos cultivar o noso xardín.” (vía: Palabras desconxeladas)

Descárgao aquí